Intervención de David Santomil no Debate sobre o estado do Concello de Ames
No histórico primeiro pleno de Debate sobre o estado do Concello de Ames, David Santomil fai balance dos dous primeiros anos de goberno en Ames.
En Ames, xornada nacional do BNG contra a violencia machista.
Convidámoste a participares, o vindeiro día 11 de febreiro, sábado, ás 10.30 horas á xornada nacional do BNG contra a violencia machista. A xornada desenvolverase no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.
- 10.30 horas. Benvida e saúdo dos concelleiros David Santomil e Isabel Vaquero.
- 10.45 horas. Palestra e coloquio con Carme Adán: Retos para o feminismo como eixo transversal da nosa acción política.
- 12.00 a 13.45 horas. Mesa redonda moderada por Goretti Sanmartín e coa participación de representantes do BNG nos concellos de Pontevedra e San Sadurniño, e de Galiza Nova: Experiencias prácticas na loita contra as violencias machistas.
O novo centro de saúde do Milladoiro está máis perto
Dotar o Milladoiro, principal núcleo de poboación do noso Concello, dun novo centro de saúde, era unha demanda clara e constante tanto da veciñanza como do BNG. A firma de este convenio elimina un obstáculo máis para poder levar á cabo a súa execución