NO HISTÓRICO PRIMEIRO PLENO DE DEBATE SOBRE O ESTADO DO CONCELLO DE AMES, DAVID SANTOMIL FAI BALANCE DOS DOUS PRIMEIROS ANOS DE GOBERNO EN AMES.

Intervención de David Santomil no Debate sobre o Estado do Concello de Ames

Intervención de David Santomil no Debate sobre o Estado do Concello de Ames

Neste mes de marzo, o Concello de Ames celebrou un pleno histórico. Trátase do primeiro pleno de Debate sobre o Estado do Concello de Ames, un pleno a medio mandato no que os grupos políticos que forman a corporación municipal fan balance e aportacións que teñen a ver cos dous primeiros anos de mandato e as propostas de futuro para os dous anos que restan. Na súa intervención pon de manifesto a satisfacción por parte do BNG de Ames da unidade amosada nestes dous anos do goberno, formado por tres partidos políticos, un goberno tripartito que funciona como un único goberno, que foi quen de volver poñer a andar o Concello, tras catro anos de parálise baixo o goberno, este, desunido e caótico da dereita. O Concelleiro de Educación e Cultura aproveitou a ocasión para dar conta de todo o conseguido en tan só dous anos nas áreas de goberno correspondentes ademais do realizado no ámbito da Normalización Lingüística e a Comunicación.

Intervención de David Santomil no Debate sobre o Estado do Concello de Ames