Reclamamos unha solución urxente ao corte do acceso na autovía AG-56

Reclamamos unha solución urxente ao corte do acceso na autovía AG-56

O BNG de Ames reclama unha solución urxente ao corte do acceso na autovía AG-56

A deputada Ana Pontón presentará varias preguntas no Parlamento de Galicia.

O pasado 9 de xaneiro produciuse o corte de circulación nun carril de acceso na AG-56 en Bertamiráns, debido ao derrubamento dun muro de contención. E non é a primeira vez que se produce un corte deste tipo nos accesos a esta vía de circulación. 

slider-trafico-atasco-coches--644x362

Hai que ter conta que é unha vía de alta capacidade que recolle os fluxos de vehículos procedentes da Costa da Morte cara a Santiago de Compostela ou ao sur de Galiza a través da AP- 9; ademais, tamén recolle os fluxos que desde Bergantiños ou o Xallas se dirixen á autoestrada Vigo-A Coruña ou mesmo á de Ourense. En definitiva, o acceso agora cortado é un punto neurálxico nos desprazamentos de miles de condutores e condutoras de varias comarcas. 

Esta situación está obrigando a todos usuarios a retroceder a Brión para colleren a autovía AG-56 ou a dirixirse ao centro do núcleo urbano de Bertamiráns e atravesalo para acceder á autovía noutro punto de acceso. 

Con esta situación estanse a producir grandes atascos no centro de Bertamiráns, especialmente nas horas punta coincidindo coas saídas dos centros escolares, ao mediodía e á tarde. 

Por todo isto, o BNG de Ames reclama unha solución urxente e que non se demoren meses e meses, como semella que é a previsión. O BNG considera que a Consellería de Infraestruturas ten que presionar a empresa concesionaria para non se demore a solución e que se executen de inmediato as obras necesarias para que quede arranxado definitivamente este problema.  

A deputada do BNG Ana Pontón presentará unha serie de preguntas de control no Parlamento galego a instancias da asemblea local do BNG de Ames, co obxecto de obter información por parte da Consellaría sobre as accións en marcha e para premela para que inste á empresa concesionaria da AG-56 a fornecer unha solución rápida e definitiva a este problema.

Reclamamos unha solución urxente ao corte do acceso na autovía AG-56