Novas
Grupo Municipal do BNG  á saída do pleno

O BNG denuncia a incapacidade do goberno municipal de Ames para aprobar os vindeiros orzamentos

 

  A finais de marzo a falta de presupostos de 2025, supón que  o orzamento do 2024  se atope prorrogado e existen unha serie de investimentos urxentes que é preciso acometer e non contan con crédito.

Os nacionalistas lamentan que sexa necesario a aprobación dun crédito extraordinario  para o funcionamento da cociña central,que dá servizo aos comedores dos centros escolares amesáns, ou da Factoría, lugar de ensaio e punto de xuntanza para a mocidade, simplemente pola ineficacia do goberno socialista

Ler novas
Concentración diante da Escola Infantil Merlín

O BNG de Ames leva ao Concello a petición de apoio ás traballadoras da Escola Infantil Merlín de Bertamiráns

O BNG de Ames presentou unha moción para que todas as concelleiras e concelleiros defendan ás traballadoras. Solicitan  tamén que a Xunta de Galiza medie no conflito garantindo a readmisión dunha asalariada despedida e o cumprimento dos dereitos laborais do persoal. Ademais reclaman que o Concello de Ames estableza os contactos necesarios con Política Social para acadar unha solución eficaz e que as familias amesás non vexan os seus servizos educativos minguados

-

Ler novas
Parcela onde se situará o colexio

Preocupación no BNG de Ames polo atraso na construción do novo colexio do Milladoiro

 A nova licitación terá que convocarse no primeiro semestre do 2025 xa que a actual quedou deserta.

O BNG de Ames expresa a súa preocupación a través da voceira Escarlata Pampín, “sentimos un profundo desacougo ante esta situación que fai que a veciñanza de Ames teña que seguir agardando por un colexio indispensable para o  alumnado do noso concello, preocúpanos non só a tardanza que isto implica senón tamén a actitude da Xunta á hora de xestionar o proceso de licitación, que obviamente non contou co presuposto preciso”

Ler novas
Centro Deportivo Municipal A  Telleira

O BNG denuncia graves deficiencias no Centro Deportivo Municipal A Telleira

Cancélanse actividades por falta de persoal ao que non se substitúe, as aulas nas que  se realizan as actividades dirixidas resultan extremadamente perigosas para as usuarias e usuarios dado que se esvara pola mala ventilación, na sala de  máquinas día tras día hai máquinas estragadas que non se arranxan, recórtase o horario de apertura do centro nas  fins de semana, hai pingueiras na sala de clases dirixidas, non se efectúa un mantemento adecuado da piscina e prodúcense incumprimentos constantes en materia lingüística.

Ler novas