bng
Vídeo
Manuel Requeijo, alcalde de Muras

Manuel Requeijo, alcalde de Muras

Dicir Muras é dicir enerxía. Enerxía e paixón para cambiar as cousas, facer xustiza, transformar. A que ten o noso alcalde, Manuel Requeijo. Porque Galiza é unha potencia enerxética e soporta importantes custos sociais e ambientais, mais nunca esta capacidade repercute en beneficio do pobo galego e da súa economía. En Muras quixemos darlle a volta e que ese impacto teña compensación social. Muras socializa os beneficios dos eólicos. Facemos unha proposta clara: os recursos do noso país deben estar ao servizo da nosa sociedade. Os recursos galegos deben crear emprego e riqueza en Galiza. #IdeasClaras #ConcellosBNG
Ler novas
Vídeo
Luis Bará: "Hay que cambiar la ley para promover la devolución del Pazo de Meirás"

Luis Bará: "Hay que cambiar la ley para promover la devolución del Pazo de Meirás"

Entrevista en LaSexta Noche a Luis Bará, deputado do BNG no Parlamento, sobre a acción reivindicativa do Bloque no que se esixiu a devolución do Pazo de Meirás ao pobo galego.
Onte, 21 de marzo de 2018, o parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha Proposición Non de Lei (PNL) na que instaba ao Gobierno do Estado a exercitar as accións legais posíbeis para recuperar para o patrimonio público o Pazo de Meirás.

A PNL foi rechazada no debate polo Partido Popular, proposta que curiosamente coincide coa presentada na Deputación da Coruña e sí foi apoiada polos populares.
O BNG reclama a devolución, non só do Pazo de Meirás, se non tamén da Casa Cornide na Coruña e das figuras do Pórtico que actualmente están en propiedade da familia Franco.

Ler novas