Para un país próspero, para crear emprego e riqueza aquí...
Para un país próspero, para crear emprego e riqueza aquí...
Un paso adiante ( http://unpasoadiante.gal )
"Se algunha nación do Estado necesita o nacionalismo esa é Galiza"
"Non é lóxico que teñamos un marco que impide que os concellos poidan utilizar o seu superávit"
"Non é lóxico que teñamos un marco que impide que os concellos poidan utilizar o seu superávit"
"Hai que acabar con esa idea de que nós non financiamos os nosos servizos públicos"
Que é a proposta #UnPasoAdiante?
En Ames, xornada nacional do BNG contra a violencia machista.
Convidámoste a participares, o vindeiro día 11 de febreiro, sábado, ás 10.30 horas á xornada nacional do BNG contra a violencia machista. A xornada desenvolverase no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.
- 10.30 horas. Benvida e saúdo dos concelleiros David Santomil e Isabel Vaquero.
- 10.45 horas. Palestra e coloquio con Carme Adán: Retos para o feminismo como eixo transversal da nosa acción política.
- 12.00 a 13.45 horas. Mesa redonda moderada por Goretti Sanmartín e coa participación de representantes do BNG nos concellos de Pontevedra e San Sadurniño, e de Galiza Nova: Experiencias prácticas na loita contra as violencias machistas.
O Concello de Ames baixou o IBI; a regularización catastral foi ordenada polo goberno do PP
Estes días anda a chegar ás casas o recibo correspondente ao imposto sobre bens inmobles, o IBI, de 2016, que este ano chega rebaixado, a proposta do goberno de Ames, do que forma parte o BNG. Mais en case 2000 fogares de Ames está chegando tamén o do catastrazo do Ministerio de Facenda, cuxos efectos trata de paliar o goberno amesán dentro das limitadas competencias que teñen os concellos.