As decisións que está a adoptar o Goberno español son especialmente mesquiñas na Galiza: temos as pensións máis baixas do Estado español (15 puntos por baixo da media estatal), unha maior porcentaxe de pensionistas en relación á nosa poboación, e as pensións son o único ingreso que entra en moitos fogares.
#ParlamentoAberto María Xosé Abuín (Secretaria Xeral de CIG-Saúde): Cómpre recuperar os 6.000 postos de traballo da sanidade pública para dar un servizo de calidade e as/os profesionais non teñan que emigrar.
É necesario outra política de saúde mental que responda ás necesidades da poboación que comenza polo desenvolvemento por un Plan Galego de Saúde Mental.
O portavoz do BNG De Santiago de Compostela, Rubén Cela, explica no pleno do Concello de Compostela deste 15 de febreiro de 2018 a postura do Bloque sobre a construcción da EDAR do Souto.
Temos que movernos para frear un modelo que é depredador do territorio e insostíbel, un modelo insolidario porque quere explotar os nosos recursos para que unha multinacional faga negocio. NON Á MINA DE TOURO!
Xunto ao deputado do Bloque e portavoz de infraestruturas, Luis Bará, congregáronse veciñas e veciños do Morrazo, membros das asociacións veciñais de Teis e de Chapela, membros do BNG e cargos nacionalistas coma alcalde de Bueu, Félix Juncal, e concelleiras e concelleiros de Cangas, Vilaboa, Moaña e Pontevedra.
Durante a protesta, unha quincena de membros do Bloque se achegaron ao acto de inauguración lucindo o lema “Non á estafa” en alusión á suba do prezo da peaxe que se producirá nos vindeiros días. A Garda Civil empurrou e retivo durante máis de media hora a esta quicena de persoas.