O Concello de Ames, en colaboración coa Plataforma pola recuperación do río Sar, convocou unha concentración este pasado sábado, 10 de febreiro de 2018, en contra da construción da EDAR no lugar de O Souto, en Santiago de Compostela, facendo unha andaina dende Roxos ata O Souto, onde se desenvolverá dita proposta. O obxectivo foi dar a coñecer o gran impacto ambiental que suporá o desmonte dunha zona de gran riqueza ambiental, paisaxística e patrimonial, debido a diversos intereses particulares ou partidistas.
Mais dun centenar de veciñas e veciños de Ames e Santiago de Compostela participamos nesta andaina para parar este atentado contra o patrimonio ambiental e arqueolóxico.
Andaina contra a construción da EDAR no lugar de O Souto
11 feb. 2018 - 01:40