Paula Castro Lago, número 19 da candidatura do BNG de Ames

Paula Castro Lago
Paula Castro Lago
Paula Castro Lago, número 19 da candidatura do BNG de Ames
Outra loitadora das imprescindibles, das que loitan toda a vida, como dicía Bertolt Brecht.

Paula Castro Lago exerceu diversos cargos dentro do BNG, entre eles o de responsable comarcal da comarca de Santiago en diferentes periodos, así como membro da Executiva Comarcal, do Consello Local do BNG de Ames e un feixe deles. A frase que máis empregamos no seu caso é: "Paula ven seguro" 😉

Profesionalmente leva máis de 25 anos como xornalista, acadando premios como o "IV Premio Manuel Lueiro Rey de Xornalismo" do que hoxe, un máis dos Venres Negro de #DefendeAGalega, reproducimos o seu descurso de aceptación:

"Os xornalistas temos unha responsabilidade social, o deber de informar, de contrastar, de facer preguntas incómodas aos que teñen o poder. Lonxe disto, nestes tempos en que vivimos, en lugar de exercer ese labor social e de asumir esa responsabilidade, o xornalismo converteuse en correa de transmisión dos poderes: do poder político máis tamén e, sobre todo, do poder económico.

E se isto é grave en calquera medio de comunicación, máis o é nos nosos medios públicos: na TVG e na Radio Galego, onde hai hoxe xornalitas que levan máis de tres anos (naquela altura, levan cáseque cinco anos a día de hoxe), repito tres anos, denunciando nos Venres Negros a manipulación informativa que sofren nas redaccións e que padecemos o conxunto da poboacións.

Aténtase así contra o sistema democrático, porque unha sociedade á que se lle nega a recibir información veraz, á que só se lle proporciona información dunha parte, se lle está negando o dereito a decidir libremente, porque non hai liberdade de pensamento se unha parte das ideas son censuradas sistematicamente e non chegan ao conxunto da poboación".

#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir#marcaBNG 
Paula Castro Lago, número 19 da candidatura do BNG de Ames