Escarlata Pampín López, independente, número 3 da candidatura do BNG de Ames

Escarlata Pampín López
Escarlata Pampín López
Escarlata Pampín López, independente, número 3 da candidatura do BNG de Ames

Oriúnda de Ames, naceu en Santiago de Compostela en 1982. Casada e con dous fillos, reside en Bertamiráns.

Licenciada en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo, formouse posteriormente en Prevención de Riscos Laborais, cun Máster Técnico Superior en Prevención de Riscos
Laborais, Especialidade Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada; seguindo coa formación coa Especialidade Seguridade no Traballo en PRL e Especialidade Hixiene Industrial en PRL.

Traballou como xeóloga, sendo Directora técnica das áreas de XTL y XTC, compatibilizándoo coa súa actividade como monitora de patinaxe en diferentes escolas deportivas municipais (Ames, Noia, Rois, Boqueixón) e, desde setembro de 2013, como adestradora do Club de Patinaxe Sarela, do que forma parte da directiva.

Forma parte da ANPA do CEIP Barouta (Anpa San Mauro - Ceip Barouta), onde actualmente cursan estudos os seus fillos.

Escarlata Pampín vai como independente no número 3 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

#AmeséBNG

Escarlata Pampín López, independente, número 3 da candidatura do BNG de Ames