O BNG-Asembleas Abertas de Ames presentou a súa candidatura

O BNG-Asembleas Abertas de Ames presentou a súa candidatura

IMG_20150313_214520Ames, 14 de marzo de 2015.- Nun acto público realizado nun Salón de Actos da Casa da Cultura do Milladoiro ateigado de veciñas e veciños, a candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Ames presentouse como ferramenta do cambio político e de transformación no Concello de Ames, que merece moito mais que un goberno de costas á maioría social e dedicado ás liortas internas e que unha oposición municipal carente de alternativas. Logo das intervencións neste sentido dos candidatos Alonso Caxade, Isabel Moares, Alberte Souto e Isabel Vaquero, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, reivindicou as asembleas abertas como ferramenta de participación da cidadanía, do que é boa expresión a inclusión dunha terceira parte de independentes na lista de Ames, e puxo o exemplo do bo funcionamento do proxecto político do BNG noutros concellos do país, ademais da propia experiencia neste concello no período 2003-2007.

David Santomil, o aspirante á alcaldía de Ames, anunciou unha alternativa política centrada nas persoas, para todas e todos, con especial atención ás políticas sociais, a dinamización económica e o emprego, e comprometeu traballo, ideas e ilusión para afrontar este reto.

IMG_20150313_213145O candidato nacionalista considerou urxente a creación dunha bolsa de vivenda pública de alugueiro contra desafiuzamentos, a atención a infancia en contornos máis desfavorecidos, a posta en marcha de dispositivo de atención continuada a persoas maiores que viven soas e reforzo de servizos sociais para atención de situacións de emerxencia.

A dinamización económica e a creación de emprego é outros dos eixes onde se fundamenta a proposta do BNG Asembleas Abertas con propostas para o aproveitamento e comercialización de recursos naturais propios no campo silvícola e agro-gandeiro, mais tamén apostando polas novas tecnoloxías e a investigación para implantar novos proxectos empresariais que aproveiten as sinerxías coa Universidade de Compostela.

Tamén reclamou a Ames como un concello para vivir, apostando por un urbanismo pensado para as veciñas e veciños, con infraestruturas e equipamentos acordes cun concello de 30.000 habitantes novos e dinámicos, pero ao mesmo tempo un concello sustentable e respectuoso co medio ambiente.

As e os candidatos nacionalistas apostaron pola dinamización cultural e por un concello plenamente galego e en galego, con iniciativas para incentivar a actividade cultural e deportiva a partir das iniciativas de base, dándolles apoio e infraestrutura para desenvolver as súas actividades e fomentar a creación cultural propia e sustentable.

Tamén reivindicou David Santomil que Ames merece un goberno participativo, transparente e eficiente. Para o BNG a participación non é un lema, implica unha mudanza no modelo de funcionamento do concello e esta formación política está disposta a acometela, para o cal é indispensable unha transparencia absoluta nas contas e na contratación pública. Así mesmo anunciou a recuperación para o público de todos aqueles servizos que sexa posible, como o da auga.

Finalmente, presentou a lista completa, formada polas seguintes persoas:

David Santomil MosqueraIMG_20150313_211355

Isabel Vaquero Quintela

Alberte Souto Souto

Rosa Isabel Moares Rey

Alonso Barreiro Caxade

Pilar Viqueira Miranda (Independente)

Félix Paz Castañal

Paula Castro Lago

Benxamín Seoane Bra (Independente)

Elena Nimo (Independente)

Xesús Casas García

Inacio Pavón Barbagelata

Sara Fabeiro Canedo (Independente)

Xosé Fajin Villasenín

Montserrat Calvo (Independente)

Camilo Agulleiro Sambade

Ana Iglesias Otero (Independente)

Xosé Cougil Bugallo

Mercedes Vidal Baamonde

Xosé Fernández López

Suplentes

Silvia Vázquez González

Xoán Xosé Hidalgo Neira

Lorena Casal Otero (Independente)

Carlos García Vieito (Independente)

Natividade González Rodríguez

Roi Pérez Vila

Esther Martínez Piñeiro (Independente)

Victor Manuel Giadás Sánchez

O BNG-Asembleas Abertas de Ames presentou a súa candidatura