A representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, en Ames

A representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, en Ames

Ana Miranda

O vindeiro luns 28 a representante do BNG no Parlamento europeo e cabeza de lista do BNG ás eleccións europeas, Ana Miranda, e mais a Camilo Nogueira, ex-eurodeputado polo BNG, estarán no noso Concello, Ames, para falarmos sobre a Unión Europea, a importancia destas eleccións e a posiblidade de artellarmos alternativas ás políticas anti-sociais que está executando a UE.

 

Estará xunto co ex-eurodeputado Camilo Nogueira a partir das 19 h na Praza de Chavián (Bertamiráns) no photocall AVANTE GALIZA!

Co lema Corazón en Galiza, futuro na Terra. Rebélate polos teus dereitos, o BNG quere trasladar dúas claves. Que hai unha alternativa desde Galiza, unha forza propia non supeditada a ningunha outra; chámase BNG e é a mellor garantía para loitar polo noso futuro”. E que temos dereito a rebelarnos ante unhas políticas inxustas, que crean desemprego, emigración, pobreza, exclusión social.

Ana Miranda e Camilo Nogueira estarán a partir das 19:00 h na Praza de Chavián, en Bertamiráns, para achegarse á cidadanía amesá; haberá un photocall da campaña AVANTE GALIZA!, de apoio á candidatura do BNG ás eleccións europeas. Posteriormente dirixiranse aoo Pazo da Peregrina, onde se desenvolverá a partir das 20:30 un café-coloquio de asistencia e participación aberta.

Ás 20:30 participarán nun café-coloquio no Pazo da Peregrina sobre as alternativas á política anti-social da UE.