Isabel Vaquero Quintela, número 21 da candidatura do BNG de Ames

Isabel Vaquero Quintela
Isabel Vaquero Quintela
Isabel Vaquero Quintela, número 21 da candidatura do BNG de Ames
Pecha a lista, pero é a primeira cando fai falla. Outra que tampouco necesita presentación, a responsable local do BNG de Ames, foi concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación no mandato 2015-2019. Con dicir Isa Vaquero abonda, pero por formalismo imos colar o currículum que engadimos hai catro anos:

Nada en Ourense en 1967; reside no Concello de Ames, no Milladoiro, desde 1997.

Licenciada en 1991 en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) pola USC. Rematou os cursos de doutoramento de Filoloxía Galega no bienio 92-94, obtendo o recoñecemento de suficiencia investigadora en 1994, logo de presentar a memoria de licenciatura Pronomes e cláusulas de relativo na prosa medieval galego-portuguesa. Arredor desta temática ten comunicacións e artigos publicados.

Traballa como técnica do Servizo de Normalización Lingüística da USC dende 1993 e dende 2000 é a responsable da súa Área de Dinamización. Ten impartido cursos e publicado en relación ao eido da normalización e dinamización lingüística.
Foi membro fundadora da CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua en 1995; desempeñando no pasado os cargos de vogal e secretaria.
Dende mediados dos 90 participou en diversos proxectos relacionados coa expansión do galego nas novas tecnoloxías.

Foi representante do persoal de administración e servizos no Claustro da USC dende 1994 ata 2018 como membro do colectivo A Trabe, formando parte da Comisión de Asesoramento e Axuda ao Valedor da USC e da Comisión de Titulacións do Claustro. 
Foi delegada da CIG no Comité de Empresa do persoal laboral da USC dende 2003 ata 2015.

#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir#marcaBNG 
Isabel Vaquero Quintela, número 21 da candidatura do BNG de Ames