ames
Vídeo
Entrevista a David Santomil na Cadena Cope

Entrevista a David Santomil na Cadena Cope

Entrevista ao Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Ames e portavoz do BNG de Ames David Santomil en Radio Cope, tratando tódolos temas de actualidade da súa área.

Os temas da entrevista foron:

  • Parcelas para o novo CEIP no Milladoiro
  • Prazas escolares e de comedores
  • Escolas Infantís Municipais
Ler novas
Inxustizas
Untitled-1

En Ames, xornada nacional do BNG contra a violencia machista.

Convidámoste a participares, o vindeiro día 11 de febreiro, sábado, ás 10.30 horas á xornada nacional do BNG contra a violencia machista. A xornada desenvolverase no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

- 10.30 horas. Benvida e saúdo dos concelleiros David Santomil e Isabel Vaquero.

- 10.45 horas. Palestra e coloquio con Carme Adán: Retos para o feminismo como eixo transversal da nosa acción política.

- 12.00 a 13.45 horas. Mesa redonda moderada por Goretti Sanmartín e coa participación de representantes do BNG nos concellos de Pontevedra e San Sadurniño, e de Galiza Nova: Experiencias prácticas na loita contra as violencias machistas.

Ler novas
Economía
ibi

O Concello de Ames baixou o IBI; a regularización catastral foi ordenada polo goberno do PP

 

Estes días anda a chegar ás casas o recibo correspondente ao imposto sobre bens inmobles, o IBI, de 2016, que este ano chega rebaixado, a proposta do goberno de Ames, do que forma parte o BNG. Mais en case 2000 fogares de Ames está chegando tamén o do catastrazo do Ministerio de Facenda, cuxos efectos trata de paliar o goberno amesán dentro das limitadas competencias que teñen os concellos.

 

Ler novas