BE-NE-GÁ

Resumo 2018 BNG Ames

Vai rematar o ano.

Este 2018 traballouse arreo a prol da veciñanza de Ames desde as concellarías nas que está ao fronte o BNG: 
- Aprobando o proxecto de expropiación -comezando os contactos cos propietarios en 2016- para que, posto o terreo a disposición da Xunta, se poida construir un novo colexio público de infantil e primaria (CEIP) no Milladoiro.
- Modificando o plan parcial do sector de solo urbanizable S-15 (As Cortes-A Condomiña) e aprobándose en pleno para que a Xunta amplíe o CEIP Agro do Muíño con 6 novas aulas, para grupos de educación primaria, coas que este colexio pasará a ter unha liña máis.
- Redactando e aprobándose en pleno o regulamento da EMMA (Escola Municipal de Música de Ames).
- Desenvolveuse o VIII Concurso de Teatro Lido de Ames, "Desata a Lingua!".
- Incrementando os usuarios e usuarios dos comedores escolares, en 50 prazas cada ano, co que se achega á cifra de 1.254 prazas de comedores escolares.
- Programa Apego: Xa son máis de 130 as familias apuntadas ao programa en Ames.
- Estreouse en xaneiro a sala de usos múltiples do CEIP de Barouta, obra realizado integramente cun orza mento propio municipal de 60.380 euros.
- Tamén se reservaron 70.000 euros do orzamento municipal para dis­por da parcela anexa ao IES de Bertamiráns e dotala de aparca­doiro e novas vías de acceso.
- Desenvolveuse a segunda edición do Festival Internacional de Cine Infantil "Cinema Crianza", con evidente éxito de público e de participación (2.000 propostas audiovisuais procedentes de máis de 90 países).
- Renovouse en xuño de 2018 a convocatoria pública de programas cidadáns en Ames Radio, desenvolvéndose novos e repetindo outros dos programas desenrolados direitamente polos amesáns e amesás.
- No CEIP de Barouta instaláronse seis compostei­ros aos que irán parar os restos de verduras e froita das cociñas da Rede de comedores, que logo poderán empregar na horta es­colar. A Mancomunidade da Serra do Barbanza impartirá, a través de Adega, obradoiros sobre consumo, lixo, reciclaxe e elaboración de com­post para o alumnado.
- Un cento de rapazas e rapaces participaron no Club de Debate, que gañou un equipo amesán
- Púxose en marcha, co apoio da Deputación da Coruña e xunto cos concellos de Brion, Teo, Vedra, Boqueixón, Val do Dubra e Santiago o parque “Compostela Rupestre”, o primeiro en Galicia neste eido, que busca dar a coñecer a importancia histórica, arqueolóxica e patrimo­nial dos petróglifos existentes na contorna de Compostela.
- Un cento de veciñas/os declararon a súa vontade de seren lembradas en galego na campaña “Galeg@s para sempre”, dirixida a fomentar a utilización do galego no ámbito funerario.
- Creouse o I premio Lingua e Empresa Concello de Ames, para potenciar o uso do galego no ámbito empresarial.


Aínda quedan máis temas que se poderían desglosar, como os programas de conciliación que veñen de recibir un premio da Federación Andaluza de Municipios e Provincias, por exemplo, ou a nova web municipal, que está prevista que estea en funcionamento a comezos deste vindeiro 2019.

Pero abonda con isto para felicitar polo traballo feito a David Santomil, Isabel Vaquero e a Nati Couceiro como parte do grupo municipal do BNG de Ames, así como aos técnicos e técnicas das concellarías de Educación e Cultura e de Normalización Lingüística e Comunicación en particular, así como ao conxunto do persoal do Concello.


Seguimos.

Resumo 2018 BNG Ames