Todos os anos por estas datas o BNG de Ames lembra aos Homiños de Boimorto, 6 membros da Corporación democrática do concello pertencente á comarca de Arzúa, coñecidos desde aquela na memoria dos veciños e veciñas de Ortoño como "Os Homiños de Boimorto", asasinados polo franquismo na curva dos Batáns.
O deputado do BNG no Parlamento, Xose Luis Rivas "Mini", describe no seu ensaio "Boimorto: Memoria dun silencio" os feitos e repercusións destes asasinatos e como foron perseguidos e torturados no mosteiro de Sobrado, para ser finalmente axustizados -sen xustiza algunha- na curva dos Batáns de Ames e soterrados na parroquia de Ortoño.
Ao cumprirse 85 anos do seu pasamento este 20 de agosto, desde o BNG de Ames organizamos un acto de recordo, no que participaron veciños e veciñas de Boimorto, xunto con compañeiros e compañeiras do BNG de Ames e xentes de concellos dos arredores e da comarca de Arzúa.
https://www.foroporlamemoria.info/2010/07/boimorto-a-historia-da-sublevacion-do-36/
Non se sabe con seguridade, pero case seguro que o día 20 os levaron para Santiago. En Ortoño fusilaron seis. Quedaron tirados na estrada. Os veciños leváronos á igrexa. Alí tiráronlles fotos e inscribírinos nas partidas de defunción como descoñecidos. O cura viu que algúns levaban símbolos cristiáns e enterrounos relixiosamente nunha fosa común. A xente de Ortoño sempre se referiu a eles como “os homiños de Boimorto”. Os veciños usaron ese diminutivo galego de compaixón, de desgraza.
Ramón Enjumio, Manuel Espiñeira, Isidro Filloy, Juan Martínez, Xose Tojo e Xosé Barreiro.