Rosalía Seijas Tuñas, número 5 da candidatura do BNG de Ames

Rosalía Seijas Tuñas
Rosalía Seijas Tuñas
Rosalía Seijas Tuñas, número 5 da candidatura do BNG de Ames
E coa mocidade forte, amesá e sobradamente preparada seguimos.

Se tiñamos a un "indie" de referencia, Rosalía é a nosa "El Combo Dominicano fan number one". Pero tamén baila con outras orquestras, non vos creades; non lle fai ascos a unha boa verbena, sobre todo se é no seu Ames natal. Quería levarnos a toda a candidatura a bailarlle coa "París" ás festas do #Milladoiro. Coa súa forza e ímpetu... case que nos convence 😅

"Naceu en Pousada (Ames) en 1995 onde leva vivindo toda a súa vida.

Graduada pola Universidade da Coruña no doble grado en Administración e Dirección de empresas e Dereito, actualmente cursa o máster en Direccción Pública, Políticas Públicas e tributación, estudos que combina coa preparación das oposicións de técnico de finanzas da Xunta de Galiza.

Forma parte do grupo municipal como auxiliar de grupo dende o 2019. Estudou sempre nos centros de ensino públicos de Ames, na IES de Ames formou parte do Concello Escolar como representante dos e das estudantes"

#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG 
Rosalía Seijas Tuñas, número 5 da candidatura do BNG de Ames