Carlos García Vieito, número 6 da candidatura do BNG de Ames

Carlos García Vieito
Carlos García Vieito
Carlos García Vieito, número 6 da candidatura do BNG de Ames
A mocidade ven forte. Que llo digan ao noso "Carlos do #Milladoiro", que conseguiu dobregar a Twitter para que empregara a nosa lingua.
Que saibas que se dis "chío" e "chiar" en twitter, é polo noso Carlos.

"Nacín en Santa Comba e crieime no Milladoiro dende os 7 anos. No instituto comecei o meu activismo lingüístico desenvolvendo as inciativas Instagram e Twitter en galego, esta última acabaría por facer que o paxariño azul comezase a chiar na nosa lingua.

Estudei Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela e Comunicación e Marketing Dixital na Universitat Autònoma de Barcelona, cidade na que me acabei afincando e formando parte da gran diáspora galega. Compaxinándoo co meu traballo, seguín desenvolvendo actividades culturais relacionadas co noso país: impartindo aulas de galego, colaborando coas asociacións de emigrantes e participando nas actividades que desenvolvía o BNG dende a emigración. Máis tarde trasladeime a Madrid, onde traballei como xefe de prensa do noso deputado Néstor Rego no Congreso dos Deputados"

#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG 
Carlos García Vieito, número 6 da candidatura do BNG de Ames