Alexandre Espinosa Menor, número 4 da candidatura do BNG de Ames

Alexandre Espinosa Menor
Alexandre Espinosa Menor
Alexandre Espinosa Menor, número 4 da candidatura do BNG de Ames
Defínese el mesmo: informático, sindicalista, politicastro, "gaiteiro", ex-xogador amateur de pachangas de futebol, pero sobre todo pai e compañeiro.
Un chiste de informáticos, seica: "resolvendo problemas de capa 8 desde 1997" 🙄

"Nacín en Lausanne (Suiza) no 1973, volvendo cos meus pais a Galiza aos 3 anos de idade. Son veciño de Bertamiráns desde o ano 2007, estou casado e son pai de dúas crianzas. Despois de varios traballos precarios previos, levo 26 como informático.

Fun responsable local do BNG de Ames entre o 2017 e o 2021, sendo na actualidade vice-responsable. Tamén formo parte do Consello Comarcal do BNG na comarca de Compostela.

Teño colaborado con diversas organizacións en defensa da lingua, da memoria histórica e dos dereitos civís. Fun socio da Asociación Cultural "Follas Novas" de Ames e da Agrupación Folclórica "Cantigas e Agarimos" de Compostela. Formei parte das agrupacións musicais tradicionais "De Pé Feito" (Ourense) e "Estiño" (Allariz).

Son presidente do comité de empresa da TIC compostelana dinahosting e fago parte das Executivas Nacional e Comarcal da Federación da Banca da CIG, sendo responsable nacional das TIC no sindicato nacionalista. Tamén fago parte do Consello Confederal da CIG"

#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG 

 

Alexandre Espinosa Menor, número 4 da candidatura do BNG de Ames