Escarlata Pampín López, número 3 da candidatura do BNG de Ames
07 maio 2023 - 01:51
Que non vos engane o seu sorriso, se Escarlata vos ten que poñer as cousas claras, vaino facer: "Man de ferro en guante de seda". Amesá ao 100%, debe ser das poucas persoas do concello que viviu tanto en Bertamiráns, como no Milladoiro e tamén no rural.
Un exemplo do que é unha concelleira do BNG: dunha concellaría, a de Mocidade, que non tivo dirección política e parecía parada e sen actividade -máis sangrante aínda sendo #Ames o concello máis "novo" do país-, pasouse nun só mandato a un feixe de actividades, a maioría con cheos nos cupos e a comezar coa construcción do "Centro da Mocidade" no #Milladoiro.
"Oriúnda de Ames, naceu en Santiago de Compostela en 1982. Casada e con dous fillos, reside en Ventosa.
Licenciada en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo, formouse posteriormente en Prevención de Riscos Laborais, cun Máster Técnico Superior en Prevención de Riscos
Laborais, Especialidade Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada; seguindo coa formación coa Especialidade Seguridade no Traballo en PRL e Especialidade Hixiene Industrial en PRL.
Traballou como xeóloga, sendo Directora técnica das áreas de XTL y XTC, compatibilizándoo coa súa actividade como monitora de patinaxe en diferentes escolas deportivas municipais (Ames, Noia, Rois, Boqueixón) e, desde setembro de 2013, como adestradora do "Club de Patinaxe Sarela", do que formou parte da directiva.
Formou parte da ANPA do CEIP Barouta, onde actualmente cursan estudos os seus fillos.
Actualmente é a Concelleira de Normalización Lingüística e Mocidade do Concello de Ames"
#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG