Natividade González, número 2 da candidatura do BNG de Ames
09 maio 2023 - 00:48
Tócalle o turno ao motor do mandato 2015-2019 do BNG de Ames, formando parte dun goberno tripartito en minoría. O seu bo facer traduciuse en aumentar representación no seguinte mandato, e converterse ela mesma en concelleira non dunha, non de dúas, se non de tres concellarías, poñéndoas todas "a andar".
Estamos convencidas que se lle deran un par delas máis seguirían funcionando todas como un reló e a velocidade de cruceiro.
Que é un "motor con corazón" vese nestas palabras sobre este mandato actual:
"Desde fai catro anos, son Concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, teño todos os meus pensamentos e o corazón en Ames, onde valoro moito o territorio onde vivo e as súas persoas e teño toda a seguridade que, desde a Administración Local, podemos mellorar a vida das persoas dinamizando, sensibilizando e incentivando a vivir nunha comunidade mais xusta, mais avanzada e modernizada."
"Nada en Ourense no 1973, é veciña do Milladoiro desde outubro do 2000.
Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, na especialidade de Psicoloxía Social do Traballo e ás Organizacións, pola Universidade de Santiago de Compostela. (USC).
Ampla formación académica e profesional en temas relacionados co Recrutamento e Selección de Persoal, Marketing Social e Medios de Comunicación de Masas.
Traxectoria dilatada no campo da investigación social e económica, desenvolta basicamente en ArgosProdución e Xestión, S.L. da que foi socia fundadora desde o ano 2000 ata o 2011, en calidade de Directora, responsable máxima dos proxectos asinados, dirixidos e coordinados coas empresas colaboradoras e contratantes cara aos proxectos de referencia.
Experiencia profesional en eventos culturais para a USC, colaboración en varios proxectos no campo da Calidade Turística, Plans de Intervención e Dinamización Turística.
Militante do BNG desde marzo de 2005, socia do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Colaboradora puntual con A Mesa pola Normalización Lingüística e socia d'O GALO Asociación Cultural de Santiago de Compostela
Actualmente é a Concelleira de Cultura, Comunicación e Novas Tecnoloxías do Concello de Ames"
#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG