David Santomil, candidato do BNG de Ames á alcaldía
“David é unha persoa preparada, solvente, nova pero con moita experiencia, que coñece as necesidades do Concello de Ames e que ten unha folla de ruta para o seu crecemento. David ten que ser o próximo alcalde de Ames”
Así de claro teno a nosa portavoz nacional, Ana Pontón, e así de claro teno tamén todos os/as que o coñecen de perto:
"Porque é "boa xente" e ten capacidade de liderado"
"Polo seu compromiso ético e co territorio"
"Porque é unha persoa "feita" (xeitosa, axeitada) e de #feitos"
"Pola súa perseverancia, paciencia, tolerancia e capacidade de liderado"
... E porque o seu CV profesional e vital así o avalan.
Xeógrafo por formación e por devoción, cunha dilatada traxectoria académica e investigadora ligada á #USC e Universidades de Alemaña, Reino Unido e Portugal, é o perfil máis acaído para deseñar o Ames do futuro dende a #Axenda2030, que xestiona dende mediados deste mandato.
Tenente de alcalde no mandato 2019-2023 e concelleiro, entre outras áreas, de Educación, é o responsable das políticas de conciliación e os investimentos educativos que fixeron de Ames un concello referente, un concello para vivir.
Músico.
Pai.
Amesán.
Amigo.
É ou non é o mellor futuro alcalde de Ames? Agora queda na vosa man
#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG