Iria Pérez Álvarez, número 13 da candidatura do BNG de Ames
05 maio 2023 - 15:44
No seu caso máis que falar de "nova promesa" é máis acaído falarmos de "nova realidade".
Cando a convidamos a exercer de condutora do acto do 24 de febreiro de presentación da candidatura, alguén indicou que era "bastante arriscado" poñer como mestra de cerimonias dun acto importante a unha persoa tan nova, pero nós sabiamos que era unha aposta segura.
E saiu ben, claro
Quen diga que a mocidade actual non se implica non coñece á nosa Iria -e a un par de máis arriba con, cando menos, o mesmo compromiso
"Nacin en Santiago de Compostela no ano 2003, aínda que toda a miña familia é dun concello pequeno da provincia de Ourense, A Veiga. Desde nena, fixen a miña vida en Ames, en concreto en Bertamiráns, xunto coa miña familia. Cando comecei o instituto, metinme en diferentes cursos e actividades que me achegaron ó mundo da oratoria, como foi o clube de debate, e tamén a importancia de empregar a lingua galega non só no institucional, senón tamén na vida cotiá.
Ao rematar segundo de bacharelato, tiven que decidir entre dúas pasións: a literatura e a política, e, aínda que me decantei pola primeira, sabía que, de algún xeito, non podía deixar a outra de lado. Así foi como me unin primeiro a Galiza Nova e posteriormente ó BNG de Ames.
No concello de Ames, os mozos e mozas necesitamos sentirnos escoitados e representados. Somos xente con entusiasmo e propostas, implicados na construción dun Ames mellor para o futuro e só unha plataforma como o BNG pode estar o noso carón."
#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG