Juan Ramón Tocino Barreiro, número 12 da candidatura do BNG de Ames
05 maio 2023 - 15:45
A Juan "Petiscos" é evidente o porqué todas a coñecemos polo nome do seu primeiro local. Outro caso máis de mocidade emprendedora, con iniciativa e traballadora, que xa é un amesán máis.
Un exemplo do bo facer dos empresarios e empresarias de Ames, que teñen un enorme potencial e que, coas políticas axeitadas que se poden levar a campo, estamos seguros que serán un pulo de atracción de investimentos, iniciativas económicas e xente.
"Estudei os ciclos medios de cociña e o de pastelería, panadería e confitería no CIFP Compostela. Dende os 17 anos empezei na hostalería para pagarme caprichiños e por que dende moi novo era algo que me chamaba.
Despois, aos 27, decidín coller un novo reto e, buscando opcións, vin que Bertamiráns era un pobo xoven en crecemento e que tiña un potencial a largo prazo moi grande, xa que o haber tanta xente nova con nenos e nenas, pouco a pouco deixaría de ser un pobo-dormitorio cara a ser un pobo cheo de vida e movemento.
E sete anos despois pois aquí seguimos, dando guerra e comprobando que si, era certo que Bertamiráns é un lugar cun potencial enorme".
#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG