Enrique Blanco Gómez, número 18 da candidatura do BNG de Ames
05 maio 2023 - 15:07
Tamén temos novas caras na candidatura, como Kike, que tamén aportan empuxe, coñecemento e ganas de facer novas cousas a outras áreas de goberno, como a deportiva neste caso.
Unha persoa traballadora, honesta e sempre cun sorriso na cara, aínda que na foto non volo pareza tanto.
Grande experiencia profesional como "Teleco" e, tamén, como mestre de kárate na escola amesá "Dokkodo" e anteriormente noutras da comarca de Santiago.
"Nacín en Compostela en setembro de 1980, estou casado e teño dous fillos. Ó rematar a carreira e comezar a vida en parella, afincamos en Bertamiráns e logo mudamos a Ortoño.
Son Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo. Posteriormente, completei a miña formación académica cun master de negocio (ThePowerMBA). Traballo na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA); no inicio como enxeñeiro de rede e agora como analista de ciberseguridade.
En canto ao deporte, aos catro anos comecei como alumno e hai máis de dez que son mestre. Na actualidade son 4º DAN de Karate, 1º DAN de Nihon Taijitsu e árbitro nacional, formando parte da Comisión de arbitraxe da Federación Galega".
#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG