Paula Castro Lago, número 19 da candidatura do BNG de Ames
05 maio 2023 - 14:58
Outra loitadora das imprescindibles, das que loitan toda a vida, como dicía Bertolt Brecht.
Paula Castro Lago exerceu diversos cargos dentro do BNG, entre eles o de responsable comarcal da comarca de Santiago en diferentes periodos, así como membro da Executiva Comarcal, do Consello Local do BNG de Ames e un feixe deles. A frase que máis empregamos no seu caso é: "Paula ven seguro"
Profesionalmente leva máis de 25 anos como xornalista, acadando premios como o "IV Premio Manuel Lueiro Rey de Xornalismo" do que hoxe, un máis dos Venres Negro de #DefendeAGalega, reproducimos o seu descurso de aceptación:
"Os xornalistas temos unha responsabilidade social, o deber de informar, de contrastar, de facer preguntas incómodas aos que teñen o poder. Lonxe disto, nestes tempos en que vivimos, en lugar de exercer ese labor social e de asumir esa responsabilidade, o xornalismo converteuse en correa de transmisión dos poderes: do poder político máis tamén e, sobre todo, do poder económico.
E se isto é grave en calquera medio de comunicación, máis o é nos nosos medios públicos: na TVG e na Radio Galego, onde hai hoxe xornalitas que levan máis de tres anos (naquela altura, levan cáseque cinco anos a día de hoxe), repito tres anos, denunciando nos Venres Negros a manipulación informativa que sofren nas redaccións e que padecemos o conxunto da poboacións.
Aténtase así contra o sistema democrático, porque unha sociedade á que se lle nega a recibir información veraz, á que só se lle proporciona información dunha parte, se lle está negando o dereito a decidir libremente, porque non hai liberdade de pensamento se unha parte das ideas son censuradas sistematicamente e non chegan ao conxunto da poboación".
#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir#marcaBNG