Ana María Iglesias Otero, número 17 da candidatura do BNG de Ames
05 maio 2023 - 15:09
Outra das loitadoras que comparte sensibilidade co Bloque Nacionalista Galega polo país, polos seus lugares e pola súa xente e que por iso forma parte, de xeito habitual, das candidaturas do BNG de Ames, pois é un orgullo para nós que queira participar delas. Ana de Vilatuxe.
Ana María Iglesias Otero -seica o cura non quixo Ana só, díxonos-, para todas máis recoñecida como "Ana de Vilatuxe" é artesá e residente do Milladoiro.
Activista de todas as causas xustas que se dan no país, combativa ante as inxustizas e participante de iniciativas poderosas e emotivas como a "Manda de pezas para Isaac Díaz Pardo", para lembrar ao noso Isaac no centenario do seu nacemento en 2020 e que, con data de remate dun mes, acabou por durar un ano ao recibir máis de 200 pezas desde lugares como Xapón, Australia, Nova Zelandia, Cuba, Polonia, Bélxica, Francia…
#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG