Recursos masivos contra a taxa do lixo no rural de Ames

Recursos masivos contra a taxa do lixo no rural de Ames

O Alcalde de Ames persiste en cometer unha inxustiza e ilegalidade coa veciñanza do rural de Ames. Nestes días están a chegar as liquidacións polo cobro retroactivo da taxa do lixo no rural de Ames, correspondentes aos anos 2009, 2010 e 2011, malia o rexeitamento profundo e masivo contra ese cobro atrasado.  Asemade, o Goberno municipal négase a recoñecer a validez dos argumentos legais que a Plataforma do Lixo lle trasladou ao goberno municipal de Ames, sustentados en opinións de profesionais de prestixio, ditando unha resolución que non respecta os dereitos das miles de persoas afectadas.

O BNG de Ames anima a todas as persoas a acudiren ás xuntanzas programadas pola Plataforma do Lixo, ademais de presentar os recursos e solicitudes de aprazamento do pago que dita Plataforma está a distribuír (que se poden descargar neste enlace: recurso reposición taxa lixo 2012) porque por moito que se empeñe o Alcalde e o PP de Ames, o cobro retroactivo da taxa do lixo é ilegal e inxusto.

Así mesmo, tamén animamos a participar na concentración do vindeiro día 29 de novembro ás 19.30, diante a casa do concello en Bertamiráns, para mostrar dun xeito masivo o noso rexeitamento e indignación coa pretensión de esixir un cobro ilegal a miles de persoas do concello de Ames.

 

 

 

Recursos masivos contra a taxa do lixo no rural de Ames