Fin á estigmatización da mocidade e sobre a improvisación da Xunta en relación co coronavirus

Sobre as restriccións no Milladoiro polo coronavirus
Sobre as restriccións no Milladoiro polo coronavirus
Fin á estigmatización da mocidade e sobre a improvisación da Xunta en relación co coronavirus

Sobre as medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na comarca de Santiago decretadas onte no DOG e que afectan ao núcleo poboacional do Milladoiro, desde o BNG de Ames queremos:

criticar a improvisación absoluta da Xunta, decretando as medidas restrictivas indicadas mediante unha nota de prensa na que indicaban que estas aplicabanse só a certas rúas concretas para posteriormente, a través dunha chamada telefónica da Xerencia do Sergas, indicar que as restriccións abranguían a todo o núcleo do Milladoiro;

• amosar a nosa oposición á estigmatización da mocidade que se está a producir pola pandemia da Covid-19. Despois de escoitar repetidamente que gran parte dos últimos gromos viñeran provocados polos mozos e mozas, asociados ao "botellón", ao non emprego de máscaras pola xuventude, etc. vemos que onte a prensa informa que, citando o DOG, "un “evento de gran potencial de expansión da infección” entre jóvenes de ese lugar de Ames facilita la transmisión". Así como o do evento de gran potencial ven indicado na orde da Consellería de Sanidade no DOG, o engadido de "entre jóvenes" non aparece por nengures e non sabemos de onde puido sair esa información. A maioría de actos organizados para estas datas polo concello que puideran provocar aglomeracións de xente son, na práctica totalidade, eventos sen rango de idade definido. Despois de meses confinados e confinadas nas súas casas, despois de que a pandemia do coronavirus trastocara as súas experiencias vitais - desde a imposición do tele-ensino, anulación de excursións de fin de curso e demais-, deducir, sen datos reais, que se confina unha poboación de máis de 13.000 habitantes por que se vai producir un evento para a mocidade é temerario e enormemente inxusto;

• reiterar a absoluta cooperación do BNG de Ames coas autoridades sanitarias na medida das nosas posibilidades e animar á cidadania do noso concello a seguir cumprindo escrupulosamente, como até o de agora vemos diariamente, as normas hixiénico – sanitarias decretadas.

Fin á estigmatización da mocidade e sobre a improvisación da Xunta en relación co coronavirus