A reforma local é unha ruína para a cidadanía

A reforma local é unha ruína para a cidadanía

O BNG DE AMES ORGANIZA UN ACTO PARA EXPLICAR AS CONSECUENCIAS DA REFORMA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL QUE PROPÓN O PP

  • A reforma eliminará a garantía de servizos públicos como escolas infantís, comedores escolares, centros de día, etc. que ata agora viñan prestando os concellos.
  • A privatización de servizos públicos a prol das grandes empresas amigas deteriorará os servizos, máis aínda en Galiza pola dispersión e o avellentamento da poboación.

 

A profesora de Dereito da USC e membro do Consello Nacional do BNG, Alba Nogueira, explicará o vindeiro mércores 20 de novembro ás 20:30 h no Pazo da Peregrina de Bertamiráns as consecuencias da probable aprobación do Proxecto de Lei de reforma da administración local, nun acto público dirixido especialmente ás asociacións do concello.

Eliminación e deterioro de servizos públicos esenciais que os concellos non poderán prestar. Afastamento de servizos e cidadanía nun país con gran dispersión poboacional e avellentamento. Privatización e negocio para grandes corporacións. Recentralización, invasión de competencias da Xunta e afortalamento das deputacións provinciais. Conversión dos concellos de menos de 20 mil habitantes en simples oficinas. Todas estas son as razóns polas que o BNG se opón radicalmente á proposta de reforma local do PP, como todo o arco parlamentario en Madrid agás o propio Partido Popular.

O BNG defende que hai competencias básicas que deben estar ao alcance da poboación, independentemente do concello en que viva. Todas as persoas temos dereito á educación, á sanidade e a servizos sociais.

O BNG defende que hai competencias básicas que deben estar ao alcance da poboación, independentemente do concello en que viva. Todas as persoas temos dereito á educación, á sanidade e a servizos sociais. Ademais dun bo funcionamento dos concellos, o BNG xulga necesario impulsar as comarcas para aproveitar os recursos, conseguir un crecemento equilibrado e sustentábel e prestar unha especial atención á dinamización dos sectores produtivos.

Débese afrontar unha reforma que mellore o funcionamento dos concellos, para o cal cómpre afrontar xa con seriedade o seu financiamento e desenvolver o pacto local galego, mais nun sentido moi contrario ao que o PP está a impoñer.

Consecuencias para os concellos galegos

O proxecto de reforma da Administración local non ten en conta os criterios da dispersión e o envellecemento da poboación e elimina servizos públicos municipais básicos. A discriminación que xa sofren os concellos galegos na actualidade (son os que menos ingresan por habitante) vai ser moito maior. Os concellos limitaranse a prestar servizos como subministración de auga ou a recollida de lixo, e veciños e veciñas terán que percorrer quilómetros para recibiren prestacións fundamentais, por riba privatizadas.

Os concellos de menos de 20 000 habitantes non terán capacidade para impulsar programas e actividades a favor da inmensa maioría da poboación. O dano no medio rural pode provocar unha desertización total de grandes extensións do territorio galego. Certos servizos, como as residencias da Terceira Idade ou dos centros de día, nestes pequenos non poderán ser de titularidade municipal agás que non dea perdas, algo que non é posíbel en ningún servizo social que por definición é deficitario, o que vai provocar que os maiores que non teñan recursos para pagar o centro que pasará a mans privadas terá que abandonar o seu hábitat e trasladarse.

A Reforma nos municipios con poboación inferior a 20 000 habitantes contribúe a concentrar servizos nas capitais de provincia, establecendo cidadáns de primeira e segunda.

A Reforma nos municipios con poboación inferior a 20 000 habitantes contribúe a concentrar servizos nas capitais de provincia, establecendo cidadáns de primeira e segunda. As deputación verán reforzado o seu papel, e ao asumiren as competencias de moitos concellos terán máis oportunidades para continuar a súa política caciquil, e dar negocio ás empresas amigas.

Os argumentos do PP para a reforma: duplicidade e débeda

debeda1Segundo o PP, a reforma da administración local busca a eficiencia, ao evitar servizos duplicados. Deste xeito, disque, aforraríanse a nivel de Estado 8.000 millóns de euros e evitaríase que as administracións locais acumulasen máis débeda.

Os concellos, con esta proposta de lei, deixarán de prestar servizos que denomina impropios, en materia de sanidade, educación e servizos sociais, competencias que deberán prestar as comunidades autónomas dende o 31 de decembro de 2015, así como en desenvolvemento local, emprego, vivenda, turismo ou mocidade. Ademais, nos concellos de menos de 20 mil habitantes serán as deputacións provinciais as que presten os servizos de recollida de lixo, limpeza viaria, abastecemento domiciliario de auga potábel, acceso aos núcleos de poboación, pavimentación das vías, etc.

E os concellos son a administracións menos endebedada de todas, segundo os datos do Banco de España; por riba, a cuarta parte desa cantidade corresponde a un único concello, o de Madrid.

Porén, nin os servizos se duplican nin os concellos están tan endebedados. De feito, os concellos comezaron a prestar certos servizos xa nos anos 80 porque as outras administracións non o facían e dado que os concellos son a administración pública máis achegada á cidadanía. E os concellos son a administracións menos endebedada de todas, segundo os datos do Banco de España; por riba, a cuarta parte desa cantidade corresponde a un único concello, o de Madrid.

Todos estes servizos, de pasaren ás deputacións e comunidades autónomas, privatizaranse, e ao aumentaren a súa dimensión, o negocio será máis gorentoso e xogarase só na liga das grandes corporacións, que aforrarán ao máximo na prestación de servizos buscando o maior beneficio. Xa o estamos vendo en Ames, o ben que funcionan as escolas deportivas unha vez que Eulen, grupo en que a irmá do presidente Feijóo é alta directiva, que tanto xestiona teatros, como limpeza, seguridade, telemarketin, medio ambiente, mantemento ou servizos sociosanitarios, recibiu as escolas deportivas por parte do PP de Ames.

 

A reforma local é unha ruína para a cidadanía