EXEMPLOS DE GOBERNO MUNICIPAL DO BNG
Somos quen de transformar o país
Este pasado sábado 29 de setembro o BNG da comarca de Compostela convocou en Ames, onde desde o BNG local collemos a responsabilidade de organizar a xornada, a varios responsábeis de goberno municipais do partido nacionalista de concellos de todo o país para partillar ideas e experiencias: políticas sociais (loita contra a pobreza, a exclusión, medidas de conciliación e integración), actuacións en educación (fortalecemento de modelos educativos como as escolas unitaria), políticas e actuacións en emprego ou cultura, experiencias no diálogo coa veciñanza e relacións co tecido asociativo, compromisos en medio ambiente e lingua (desde creación de concellarías específicas de normalización lingüística a desenrolo de programas como Apego), etc.
Estaban convocados Leticia Santos, alcaldesa de Moaña, Manuel Requeixo, alcalde de Muras, concello da Terra Chá, Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, e David Santomil, responsable do BNG de Ames e segundo tenente de alcalde do concello.
Intervindo este de primeiro, ao ser anfitrión das xornadas, explicou ás persoas asistentes un pouco as vicisitudes da chegada ao goberno actual, que forma unha coalición que, aínda así, non acada a maioría, pero que, a pesares diso, otorgou a estabilidade que Ames necesitaba e que non tivo nos catro anos anteriores nos que a dereita tivo unha maioría absoluta que rematou nunha escisión. A implantación dos comedores escolares por parte do BNG de Ames no mandato 2003-2007 onde tivo a responsabilidade de goberno na área de Educación, como na actual, tamén foi tema tratado por Santomil na súa intevención
Leticia Santos falou, tamén, de programas de conciliación, mencionando explicitamente os "campamentos inclusivos" de verán e de nadal, onde se admite a todo tipo de crianzas sen distingo de capacidades e con igualdade de oportunidades, unhas por cuestións de conciliación familiar e laboral e outras por cuestións de emerxencia social. O aumento dun 150% o orzamento destinado a Emerxencia Social e a baixada de 150 días a menos de 10 o tempo de pago de facturas -cos beneficios que conleva para as PEMES da comarca- foron outros dos detalles mencionados pola xoven política moañesa.
Manuel Requeixo, alcalde de Muras, concello con grande número de aeroxeneradores eólicos nos seus montes, falou de como son un concello pioneiro en combatir a pobreza enerxética, beneficiando aos veciños e veciñas que teñen eólicos ao carón das casas e que, anteriormente, obtiñan os perxuízos e nengún dos beneficios. O BNG decidiu que co millón e medio de euros dos impuestos que se cobra ás eléctricas se pague unha parte da factura de cada veciño, vinculado á renta de cada un e nalgúns casos chegando ao 100%. Nesta medida, na que estaban dacordo tódolos grupos do concello, posteriormente á súa implantación un partido comezou a dicirlle á veciñanza que tería que devolver esas axudas a Facenda, mentindo para desacreditar unha medida impulsada polo goberno do BNG.
Adolfo Muíños, alcalde rianxeiro, non chegou a dar a charla prevista -"Cultura e identidade: facendo país desde o concello"- por falta de tempo, pero sí participou na charla dos alcaldes, onde houbo intercambio de opinións e experiencias entre estes e o público asistente.
Unha xornada áxil e útil, onde tentouse dar unha visión xeral e rápida sobre concellos onde o Bloque Nacionalista Galego ten a responsabilidade de goberno e pode levar a cabo a súa proposta política. Unha proposta que entende o espazo público e a forma de habitar o territorio dunha determinada maneira, a dos "ConcellosBNG", que a xente identifica como concellos diferentes e proveitosos, ben xestionados, con iniciativas novedosas e útiles para os veciños e veciñas, con ideas claras, innovadoras e transformadoras.
#BNG #obloque #IdeasClaras #FacendoPaísDesdeOsConcellos #ConcellosBNG