ÚNICA FORZA DE ESQUERDAS QUE MELLORA RESULTADOS NAS XERAIS DO 10N
O BNG continúa a mellorar os seus resultados electorais en Ames no ano 2019
Dende o ano 2015 a formación nacionalista rexistra un incremento do apoio electoral no concello de Ames e amplía a maoría da esquerda política. O 10 de novembro o BNG incrementou 485 votos nas Eleccións Xerais, o que supuxo un 11,15% dos votos, e preto de 4 puntos porcentuais máis en relación ao 28 de abril.
Deste xeito, o BNG foi a única forza de esquerdas que mellora resultados nas Eleccións Xerais do 10N no concello de Ames en relación aos anteriores comicios estatais neste mesmo ano 2019 caracterizado por varias convocatorias electorais.
Os resultados do 10 de novembro no conxunto da provincia da Coruña permitiron o regreso do BNG ao Congreso doa Deputados e o freo á ultradereita, que non logra representación en Galiza.
Dende o BNG de Ames queremos agradecer á veciñanza de Ames todo o apoio e confianza recibida neste 2019. Tamén agradecer a todas as persoas que colaboraron nas diferentes campañas electorais, en especial aos ninterventor@s e apoderad@s.
MUNICIPAIS 2015: 1426 votos MUNICIPAIS 2019: 2158 votos Incremento resultados: +732 |
|
EUROPEAS 2014: 699 votos EUROPEAS 2019: 2050 votos Incremento resultados: +1351 votos |
|
XERAIS DO ESTADO 2016: 485 votos XERAIS DO ESTADO 28A 2019: 1312 votos XERAIS DO ESTADO 1ON 2019: 1797 votos Incremento resultados: +485 votos |