Imprimir

Entrevista a Isabel Vaquero en SER Galicia

bngames | 03 de Febreiro de 2018

Youtubeir@s
Youtubeir@s



 

No programa do domingo 28 de xaneiro entrevistaron á concelleira do BNG de Ames, responsábel da Concellería de Normalización e Comunicación do Concello de Ames, Isabel Vaquero Quintela, acerca do proxecto Youtubeir@s, creado para promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e videotitoriais a través dunha das redes sociais máis influíntes do momento, YouTube.


O proxecto é unha iniciativa organizada polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e pola Deputación da Coruña.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/entrevistas/entrevista-vivir-galicia-ser-galicia-isabel-vaquero/20180203020822001049.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Ames

Bloque Nacionalista Galego | AMES

ames@bng.gal

661 524 223