POSTA EN COMÚN DO FEMINISMO AMESÁ

Tempo de Avanzar. Para todas,todo

Para todas todo
Para todas todo

 

 

 Establecer a igualdade como eixe  das políticas públicas é o obxectivo  das mulleres que onte se xuntaron para compartir experiencias, ideas e propostas nun encontro convocado polo BNG de Ames con motivo do 8M

Tempo de Avanzar. Para todas,todo

 

Xiana Lastra, Arancha Nogueira, Sica Romero, a Plataforma Feminista de Ames e as concelleiras do BNG de Ames Escarlata Pampín e Rosalía Seijas formaron parte desa reunión de activistas.

Cada muller ten a súa historia e vive unhas circunstancias distintas pero onte, todas as reunidas neste Café Feminista, compartían unha mesma idea: nin conformarse, nin resignarse, porque tamén estiveron de acordo en que hai que avaliar todo o que nos queda por avanzar e avogar por unhas políticas de igualdade que erradiquen calquera forma de discriminación.

Unha forma de adiantar é, sen dúbida, apostar pola igualdade no ensino, recuperando a oferta da materia  de igualdade para o vindeiro curso. Xa que tal e como está plantexada hoxe en día, déixase en mans das profesoras e dos profesores o tratamento da igualdade segundo esa persoa queira ou non involucrarse e  non se trata precisamente dunha cuestión irrelevante como para que dependa do profesor ou profesora porque supón que conforme ao claustro que teña ese centro ou se tratará moito ou non se tratará nada.

Café _ Feminista
Café _ Feminista

 

Outra das cuestións claves na actualidade, é que a igualdade no ámbito laboral segue sin ser unha realidade, por iso  tamén se esixe  que as administracións públicas vixíen que se cumpra na súa contratación de servizos.

O impulso dunha Lei de igualdade no deporte na que se incorporen protocolos e medidas ante os ataques machistas e LGBTfóbicos e tamén para fomentar a coeducación, a conciliación e a visibilidade do deporte feminino é outra das reivindicacións presentes neste 8M.

Foi unha tarde para compartir  vivencias e opinións, coñecementos e desexos  e chegar a unha mesma diagnose: non podemos renunciar como sociedade a progresar na igualdade e nos dereitos das mulleres e temos que ter presente que os dereitos tamén se poden perder.

 

Tempo de Avanzar. Para todas,todo