Novas
O BNG de Ames analiza con Goretti Sanmartín e membros do equipo de goberno temas comúns a ambos concellos
15/abr./2025
Na xuntanza mantida este martes en Compostela a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín, expuxo o interese do seu grupo municipal no parque comarcal de bombeiros. Outro dos asuntos abordados na reunión foi a necesidade de mellorar o Plan de Transporte Metropolitano.