Novas
O BNG traslada á Comisión do Parlamento a problemática dos libros de texto coa implantación do E-Dixgal.
30/nov./2023
Na súa intervención María Cristina Fernández Davila reiterou a necesidade do cambio dos requisitos para o acceso ó Fondo Solidario de Libros de Texto dos centros educativos que participan no programa E-Dixgal. Preguntou tamén sobre os mecanismos para acadar a gratuidade dos libros de texto para o curso 24-25.