Novas
O BNG denuncia graves deficiencias no Centro Deportivo Municipal A Telleira
10/dec./2024
Cancélanse actividades por falta de persoal ao que non se substitúe, as aulas nas que se realizan as actividades dirixidas resultan extremadamente perigosas para as usuarias e usuarios dado que se esvara pola mala ventilación, na sala de máquinas día tras día hai máquinas estragadas que non se arranxan, recórtase o horario de apertura do centro nas fins de semana, hai pingueiras na sala de clases dirixidas, non se efectúa un mantemento adecuado da piscina e prodúcense incumprimentos constantes en materia lingüística.