Presentación da candidatura do BNG de Ames municipais 2019
15 feb. 2019 - 00:30
Acto de presentación da candidatura do BNG de Ames ás municipais do 26 de maio de 2019.
Na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 21:00 horas do venres 22 de febreiro, o BNG de Ames presentará a candidatura completa que vai concorrer ás eleccións municipais deste próximo mes de maio, onde nos acompañará a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, xunto a militantes, simpatizantes e veciñanza do noso concello.
Intervirán, nesta orde:
- Isabel Vaquero Quintela, actual Concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación do Concello de Ames e número 5 da candidatura.
- Manuel Otero Boquete, independente e número 4 da candidatura.
- Escarlata Pampín, independente e número 3 da candidatura.
- Natividade González, coordinadora do grupo municipal do BNG de Ames e número 2 da candidatura.
- Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.
- David Santomil, actual Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Ames e candidato do BNG de Ames á Alcaldía.
Agardámoste!.
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/623826851412087/