O 24 DE FEBREIRO ÁS 20:30H NA CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO

Presentación da Candidatura do BNG de Ames ás municipais 2023

Presentación da candidatura do BNG de Ames ás municipais 2023
Presentación da Candidatura do BNG de Ames ás municipais 2023

O vindeiro 24 de febreiro o BNG de Ames presenta o primeiro tramo da candidatura que presenta ás eleccións municipais de 2023, encabezada polo seu portavoz, David Santomil, nun acto a celebrar na Casa da Cultura do Milladoiro e no que intervirán o propio Santomil xunto coa portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón.

Ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, falaremos dos feitos concretados estes 8 anos de goberno continuado do BNG de Ames en áreas de goberno tan importantes como Educación, Cultura, Mocidade, Normalización ou crianza con Apego.

Xunto a Ana Pontón e David Santomil, xuntarémonos co primeiro tramo da candidatura, un equipo con experiencia pero xoven, cohesionado e capacitado, coñecedor do concello. Unha candidatura con ideas, feminista, que sabe e valora o potencial do concello e das súas xentes.

É o momento de Ames de dar un salto adiante para seguir avanzando nos proxectos postos en marcha e aumentar as áreas nas que o BNG deixa sempre a súa pegada nos gobernos municipais. Con feitos concretos e traballos cumpridos.

Agardámoste o venres 24 na Casa da Cultura do Milladoiro.

#ÉoMomento #feitos
#BNG

 

 

24 de febreiro, 20:30h, Casa da Cultura do Milladoiro
24 de febreiro, 20:30h, Casa da Cultura (Milladoiro)
Presentación da candidatura BNG Ames 2023
Presentación da Candidatura do BNG de Ames ás municipais 2023