EN SUBSTITUCIÓN DE ALEXANDRE ESPINOSA MENOR QUE PASA A FORMAR PARTE DO CONSELLO COMARCAL

Isabel Vaquero Quintela nova responsable local

Isabel Vaquero Quintela
Isabel Vaquero Quintela

A Asemblea Local aprobou por unanimidade a candidatura de Isabel Vaquero e agradeceu o traballo desenvolvido por Alexandre Espinosa como anterior responsable local, destacando a mellora dos resultados electorais e o traballo de cohesión da organización en Ames.

Isabel Vaquero Quintela nova responsable local

O BNG de Ames renova a súa estrutura como resultado da XVII Asemblea Nacional e faino con cambio na responsabilidade local, que asume Isabel Vaquero co dobre obxectivo de ampliar a base da organización e comezar a traballar na candidatura para as eleccións municipais de maio de 2023.

Isabel Vaquero, nada en Ourense en 1967, é técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, reside no Milladoiro e foi concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación entre os anos 2015 e 2019, así como número 5 da candidatura do BNG de Ames nas eleccións locais de 2019.

Deste xeito, a Asemblea Local do BNG aprobou por unanimidade a candidatura de Isabel Vaquero, que substitúe no cargo a Alexandre Espinosa como anterior responsable local, do que a militancia destacou o traballo de cohesión e ampliación da organización na localidade. Alexandre incorpórase, xunto co concelleiro e voceiro do BNG de Ames, David Santomil, ao Consello Comarcal de Compostela, A Barcala e Terra de Ordes.

Isabel Vaquero Quintela nova responsable local