Xosé Cougil Bugallo, segundo suplente do BNG de Ames
27 abr. 2023 - 02:26
O noso Cougil, eses dos que, por sorte, no BNG abundan, xente traballadora e honesta, con compromiso polo país e coa mellora da vida das persoas, así como habitual no traballo militante no Bloque Nacionalista Galego en Ames: un fixo na nosa lista de apoderados e apoderadas para pasar o día das eleccións botando unha man e máis dunha risotada cando nos conta as súas historias da Suíza!.
Mellor que se vos presente el:
"Nacín en Ourense no Concello de Cartelle, Celanova. Sendo un rapaz, no ano 1968 emigrei a Suíza porque alí estaban meus pais. Con dezaseis anos fixen un ano de escola preparatoria (Werkschule). Para o seguinte curso empecei a aprendizaxe de Automoción na Gewerbeschule, en Zürich (equivalente ao Politécnico de FP), fixen tres anos de Automecánico e un ano de Diagnostico do Automóbil. Aos catro anos acadei o diploma oficial Suízo na rama de Automoción. Despois de traballar en varias empresas, no ano 1980 abrín a miña propia empresa RAMA-GARAGE dedicado a reparación do automóbil e venta, no ano 1984 abrín outra empresa COMESTIBLES – OURENSE hasta o ano 1989 dedicado a importación e venda de produtos de Galegos.
No ano 2022 retornei a Galiza coa miña familia, constituín a empresa PROFITAUTO, S.L. en Bertamiráns, adicada á reparación e venda de vehículos de ocasión. Agora son Pensionista e militante do BNG, son socio e tesoureiro da asociación MARUSIA, asociación de emigrantes retornados, colaborando en diversas asociacións nos ámbitos da discapacidade e dos movementos sociais, e son presidente da asociación AGAPA (Asociación Galega de Persoas Amputadas).
A miña afección é viaxar, o esquí, o montañismo ,escoitar musica Galega e italiana e ler libros tanto en Galego como en Alemán."
#BNGAmes #ÉoMomento #máisPorVir #marcaBNG