FALAMOS DO IBI ASÍ COMO A DECISIÓN DE MODIFICAR AS BONIFICACIÓNS AOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS PARA FAVORECER AS RENDAS MÁIS BAIXAS

Estreamos videoboletín

Estreamos videoboletín

Estreamos o primeiro número do noso Videoboletín, que ten por obxectivo informar, de xeito periódico e continuado, sobre as decisións e orientacións das nosas concellarías no seo do Concello de Ames, así como das accións e actividades que levamos á cabo desde o BNG de Ames.

Cun formato moderno e deseñado especialmente para poder, nun par de minutos, estar informado das novidades e actividades do BNG de Ames, o videoboletín enmárcase dentro do noso firme compromiso de transparencia e divulgación, tales deben ser sempre valores esenciais dunha organización política con vocación transformadora e de país como a nosa.

Neste primeiro número, coñecemos da man do Concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, a iniciativa, como goberno, de modificar as bonificacións aplicábeis aos servizos complementarios de cara, sobre todo, a favorecer as rendas máis baixas. Recordamos tamén as decisións adoptadas polo Concello de Ames en relación coa regularización catastral, unha cuestión sobre a que a cidadanía amesá amosou inquedanza.

Podedes agardar nas vindeiras semanas o segundo número, con outras, mais igual de interesantes, informacións.

Estreamos videoboletín