O PP DISCRIMINA AOS MÁIS DE 32.000 HABITANTES DE AMES

O goberno da Xunta de Galicia abandona o concello de Ames nos Orzamentos de 2021

Nota de prensa BNG Ames orzamentos xunta 2021
Nota de prensa BNG Ames orzamentos xunta 2021
O goberno da Xunta de Galicia abandona o concello de Ames nos Orzamentos de 2021

O PP discrimina aos máis de 32.000 habitantes de Ames ao non destinar fondos para investimentos nas principais infraestruturas municipais, mesmo naquelas que son de competencia autonómica.

Redúcese o orzamento destinado á ampliación do CEIP Agro do Muíño e á metade o proxecto do novo CEIP do Milladoiro.

A depuradora de Silsade e o río Sar seguen a ser as grandes esquecidas no eido ambiental. 

 

O BNG de Ames considera que o goberno da Xunta de Galicia mantén no abandono o concello de Ames, ao non destinar crédito no Orzamento do próximo ano 2021 para as principais infraestruturas locais. 

Ao igual que nas emendas de anos anteriores bótanse en falta os recursos necesarios para ampliar e modernizar a depuradora de Sisalde no río Sar, a construción dun centro de día público, e melloras nas infraestruturas de comunicación que vertebren o territorio en particular a conexión entre os núcleos urbanos de Bertamiráns e O Milladoiro ou a estrada Roxos - Portomouro. Ames desaparece das prioridades nos investimentos do Xacobeo, a pesar de que dous dos camiños de Santiago cruzan o noso territorio, como é o caso do Camiño de Fisterra e o Camiño Portugués.

A única referencia ao concello de Ames que atopamos na proposta de Orzamentos de 2021 do Partido Popular recóllense no ámbito educativo, pero neste caso para reducir á metade as previsións orzamentarias en relación ao ano 2020. No caso da ampliación do CEIP Agro do Muíño, fronte á previsión de 900.000€ redúcese a partida a 600.000€. No caso da construción do novo CEIP do Milladoiro redúcese á metade o orzamento para a elaboración do proxecto, que pasa de 100.000€ a 50.000€ no ano 2021, o que consideramos claramente insuficiente para un novo centro escolar que atenda as necesidades de escolarización no Milladoiro, debido á actual saturación dos centros escolares do CEP de Ventín e a EEI do Milladoiro.

Esta mañá o grupo municipal do BNG mantivo unha xuntanza telemática con representantes do BNG no goberno dos concellos galegos para esixir respostas á Xunta de Galicia e coordinar a presentación das emendas aos orzamentos de 2021.

O goberno da Xunta de Galicia abandona o concello de Ames nos Orzamentos de 2021