AS CONCELLARÍAS XESTIONADAS POLO BNG SEGUEN A CUMPRIR COS SEUS COMPROMISOS

Boletín do BNG de Ames xuño de 2022

Reparto Milladoiro Boletín Xuño 2022
Reparto Milladoiro Boletín Xuño 2022
Boletín do BNG de Ames xuño de 2022
Reparto Bertamiráns boletín xuño 2022
Reparto Bertamiráns boletín xuño 2022
Hoxe repartimos no Milladoiro a copia en papel do boletín do BNG de Ames correspondente ao mes de xuño deste 2022, facendo balance e resumo dos tempos vividos durante a covid-19, como estamos a sair xa con máis forza e decisión e, tamén, como imos afrontar as vindeiras eleccións municipais do ano 2023.

O noso resumo ven na primeira páxina do boletín, que adxuntamos en ficheiro pdf para quen queira ter ocasión de botarlle unha ollada:

"Na actualidade as concellarías xestionadas polo BNG están centradas en executar e cumprir todos os compromisos que xa están reflectidos nos orzamentos de 2022 e nos correspondentes plans, polo cal incrementaron o seu orzamento. Administración electrónica, comedores escolares, infraestruturas para a mocidade, protección do patrimonio histórico son os principais investimentos das nosas áreas, sempre dende a aposta por un modelo de concello máis sostible e integrador, e pola estabilidade política."

"Se algo caracteriza ao BNG nos concellos é a súa capacidade non só de imaxinar novos proxectos, senón de levalos á práctica, executalos, xestionalos, mantelos e melloralos."
 

Boletín do BNG de Ames xuño de 2022