Desde nós, un mundo mellor
A solidariedade é a ternura dos pobos, escribiu hai anos Gioconda Belli.
O nacionalismo galego practicouna sempre. Comprendemos Galiza como "célula de universalidade", desde Nós. E levamos no noso ADN o internacionalismo, o pacifismo, o combate a todas as dominacións e a loita por unha vida xusta para todas as persoas.
Foi así sempre e éo tamén agora. Vivimos como nosas todas as causas xustas e inspírannos as vidas que axudaron a facer un mundo mellor. Porque nacionalismo e anti-imperialismo van ligados, van da man. Porque entre os pobos e entre as persoas, como escribira Benito Juárez, o respecto ao dereito alleo é a paz. E porque todas as nacións teñen dereito a existir, a seren recoñecidas e a decidiren o seu futuro libremente.
De Castelao a Mandela, de María Miramontes a Marielle Franco, sumamos ideas, figuras e experiencias que nos inspiran, nos dan azos e son exemplo e espello en que nos mirar. O nacionalismo galego axuda a construír, desde nós, un mundo mellor.
#SomosUnhaNación
Intervención completa de Ana Pontón no Debate sobre o estado da nación galega
Intervención completa de Ana Pontón no Debate sobre o estado da nación galega.
"De novo veu aquí cun discurso reseso, rancio, copiando as homilías do seu novo xefe".
"Non hai milagre Feixóo, Galiza ocupa o último lugar do Estado en recuperación de emprego e estamos moi lonxe das cifras de 2009",
"Mentres nós estamos debatendo aquí, nesa Galiza 'na que nunca se viviu mellor', resulta que hai 100.000 galegos e galegas que non poden tomar medicamentos que necesitan para curar pola razón de que non poden pagalos".
"De que nos vale ter máis ordenadores se suprimiu 1.800 profesores e profesoras".
"2 anos para acceder a unha residencia pública, cando a lei o que di é que teñen que ser 9 meses".
"Vostede non deixa unha herdanza de prosperidade, vostede deixa unha débeda de case 15.000 millóns de euros que outros van ter que pagar".
"Pise máis a rúa [...], escoitará que para moitas persoas o único servizo de conciliación que existe son os avós e as avoas".
"Asuma as súas responsabilidae, os problemas de Galiza non caen do ceo, son consecuencia do seu goberno e do seu malfacer. Hai máis paro e menos emprego porque non hai un plan de activación económica da base industrial e productiva deste país."
"Temos un problema grave coa deslocalización de empresas e a súa medida estrela do ano pasado, esa lei de implantación empresarial, fracasou no obxectivo de atraer máis investimento estranxeiro: no primeiro semestre deste ano caeu estrepitosamente a inversión estranxeira. Na rúa xa se empeza a falar do 'efecto Feijóo': cada vez que vostede promete algo, pasa xustamente o contrario. Estamos empezando a pensar que, polo ben do páis, é moito mellor que non volva a facer nengunha promesa".
"Perdéronse máis de 3600 empregos na pesca e na agricultura e gandeiría máis de 13.300. E esta era a lexislatura do rural..."
"Seguro que sí sabe cal é a pensión media de Galiza, 810,71 €, as segundas máis baixas do Estado".
"E se vostede lle deu as costas aos pensionistas, que decir das mulleres!. Despois dun masivo 8M, que demostrou o profundo malestar das galegas coas súas políticas, o seu compromiso coa igualdade queda retratado nesta sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que os condena por tentar boicotear a folga do 8M".
"Hai 2 temas de medio ambiente que vostede non respondeu. Primeiro, mina de Touro-O Pino. O seu goberno ten que dicirnos de que lado está: está do lado dunha multinacional, condenada por delitos ambientais ou do lado do clamor social que reclama que diga non a esa mina porque é unha bomba ambiental que pon en risco miles de postos de traballo en Touro, O Pino e na ría de Arousa. [...] E unha segunda cuestión que ten que ver co monte. As políticas do Partido Popular convertírono no primeiro problema ambiental que ten neste momento o noso país. Todos tivemos un sustos este domingo vendo o que pasaba este domingo en Mondariz porque nos recordou o que pasou hai un ano."
"A Real Academia Galega nos últimos informes está dicindo qeu vostede fixo retroceder a lingua no ensino 20 anos".
"Imaxínese que a vostede lle contan que hai un país no que o director da televisión pública, que o tiña que nomear o parlamento, o nomea o goberno a dedo. Que ese director, nomeado a dedo, da instruccións para que se oculte e minimize a corrupción do partido que goberna. Que os traballadores levan meses manifestándose porque non lles deixan informar libremente. Que ademais de todo isto, dimiten dous presentadores dos informativos para denunciar a manipulación. E que lle abren un expediente a unha das presentadoras porque, a razón real, é que denuncia nunha gala á que asistía o presidente dese país a manipulación informativa. Cre que nese país se respeta a democracia? Pois ese país nin é Arabia Saudí nin Turquia, ese país é Galiza".
"Os galegos e galegas non temos que resignarnos nin caer na desesperanza porque somos un país rico, con capacidade e potencialidade. E para avanzar Galiza necesita dúas cousas: poder económico e poder político, é dicir, máis ferramentas para mellorarlle a vida á xente. Para construir poder económico hai que impulsar unha Banca pública galega que acabe co espolio do noso aforro, unha Tarifa eléctrica galega que poña fin á estafa da factura da luz, un novo modelo económico que aposte polos sectores productivos e por pechar ciclos no país e pola innnovación, e por un novo modelo de financiamento que nos dea a chave dos cartos dos galegos e das galegas".
Declaración pública República Galega e plebiscito Estatuto 1936
Ana Pontón defende a iniciativa dunha Tarifa Eléctrica Galega para Galiza
A portavoz nacionalista no Parlamento Galego afirma que "non é lóxico que a riqueza en produción eléctrica que temos na Galiza non redunde en beneficios para as familias e as empresas do noso país."