Novas
Preocupación no BNG de Ames polo atraso na construción do novo colexio do Milladoiro
13/dec./2024
A nova licitación terá que convocarse no primeiro semestre do 2025 xa que a actual quedou deserta.
O BNG de Ames expresa a súa preocupación a través da voceira Escarlata Pampín, “sentimos un profundo desacougo ante esta situación que fai que a veciñanza de Ames teña que seguir agardando por un colexio indispensable para o alumnado do noso concello, preocúpanos non só a tardanza que isto implica senón tamén a actitude da Xunta á hora de xestionar o proceso de licitación, que obviamente non contou co presuposto preciso”