O BNG de Ames presenta as emendas aos orzamentos da Xunta para 2024

Foto
Foto
O BNG de Ames presenta as emendas aos orzamentos da Xunta para 2024

A mellora e ampliación da AG56 no viario Pardiñas-As Galanas, a EDAR de Sisalde, a dotación dun centro de día e unha AP-9 galega e libre de peaxes son as emendas que presentará o BNG de Ames.

 

O BNG amiense considera prioritario emprender as actuacións precisas para desviar o tráfico non local dos principais núcleos urbanos, dun xeito particular atinxindo unha alternativa ao uso intensivo do tráfico ao paso do Milladoiro. En palabras do seu voceiro, David Santomil, “o centro desta vila concentra máis de 30 mil vehículos diarios cun gran número de vehículos pesados por mor do incremento das peaxes da AP-9 polo que é preciso acometer unha planificación para a reordenación segura da circulación e do viario urbano favorecendo os desprazamentos a pé e en bicicleta e o transporte público”. Por iso desde o BNG de Ames consideran que a humanización do Milladoiro non é posible sen a ampliación da AG56 no viario Pardiñas-As Galanas e a AP9 libre de peaxes.

Outro dos intereses do BNG de Ames é impulsar a creación dun centro de día público terapéutico para as persoas maiores en Ames, por eso será, de novo e como en anos anteriores, unhas das enmendas aos orzamentos da Xunta para o 2024.

A ampliación da planta de depuración de Sisalde construida para tratar as augas residuais de 10.400 persoas, unha poboación que quedou desfasada hai xa moitos anos é outra das reclamaciós históricas do BNG amiense e que, de novo, formará parte das enmedas.

O BNG de Ames presenta as emendas aos orzamentos da Xunta para 2024