O CONCELLO DE AMES PODERÍA PERDER MÁIS DE 1 MILLÓN DE EUROS DE FINANCIAMENTO EUROPEO.

Ames Espazo Común e BNG exixen un Pleno Extraordinario para coñecer a situación real dos investimentos financiados con Fondos Europeos

FOTO
FOTO

Ambos grupos solicitan un pleno extraordinario onde o goberno municipal dea conta da situación actual das actuacións DUSI do Plan IMPULSA AMES: as actuacións rematadas, as actuacións pendentes, os prazos e as previsións de execución, así como as previsións do goberno municipal para asumir o importe do cofinanciamento non executado a 31 de decembro de 2023, debido á “falta de transparencia do actual goberno e ás últimas novas aparecidas en prensa.”

Ames Espazo Común e BNG exixen un Pleno Extraordinario para coñecer a situación real dos investimentos financiados con Fondos Europeos

 

En palabras de Luísa Feijoo, voceira de ESCO, “Vemos novamente vulnerado o noso dereito constitucional de intervir na xestión dun asunto de vital importancia para o noso concello ao non recibir información de primeira man sobre a situación actual de importantes investimentos DUSI”.

 

Escarlata Pampín, concelleira do BNG, explica que a necesidade dun pleno extraordinario ven motivada por dous motivos, a falta de respostas claras cando se preguntou en plenos anteriores sobre este tema e a non convocatoria da Comisión Dusi pertinente.Ao respecto do estado das actuacións DUSI para 2023 o goberno admitiu que posiblemente se perdan algunhas tan importantes como o transporte interno, a SmartCity ou mesmo o centro multifuncional do Milladoiro.” “A cidadanía ten dereito a obter información directa e sen intermediarios sobre unha cuestión tan relevante, por iso a solicitude deste pleno, polo seu carácter público.

 

Tanto desde Ames Espazo Común como dende o BNG, inciden en que “forma parte da nosa labor fiscalizadora poñer o foco nunha perda importante de fondos europeos que podería superar o millón de euros, por non mencionar outras subvencións que ou ben se perderon ou houbo que devolver parte do seu importe pola falta de planificación e xestión dende a chegada do novo goberno municipal en xuño de 2023. Hai innumerables retrasos, proxectos mal presentados, erros nos pregos, ampliacións de prazos, e todo iso fai que periguen,entre outros, investimentos tan importantes como o centro multifuncional de O Milladoiro, os sendeiros escolares, a Smart City ou o transporte interno.

 

A falla de información acerca de cales son as alternativas que baralla o goberno para facer fronte ao remate do centro multifuncional do Milladoiro en caso de que,como todo apunta, non se remate en prazo e se perda a parte cofinanciada por Europa é outro dos motivos que esgrimen Espazo Común e BNG para a necesidade de celebrar este Pleno extraordinario.

 

“Os enfrontamentos públicos a través da prensa entre o Alcalde e a empresa construtora non axudan en absoluto a encauzar o problema e atopar solucións”. “É lamentable que o Alcalde dea por perdidos os fondos europeos”.

 

 

Ames Espazo Común e BNG exixen un Pleno Extraordinario para coñecer a situación real dos investimentos financiados con Fondos Europeos