Félix Paz Castañal, primeiro suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais
07 maio 2019 - 03:35
Son Félix Paz Castañal, nacín fai 49 anos en Meira (Lugo), nai do noso río Miño, un pobo no que empecei a amar e defender esta terra nosa e onde comecei tamén a colaborar co BNG. Por cuestións laborais cheguei a Bertamiráns e aquí resido desde fai 14 anos, aínda que o meu traballo está fóra desta localidade (exerzo de mestre e tamén como sindicalista na comarca de Santiago).
Nestas eleccións municipais vou na candidatura do BNG de Ames, pois considero que é a única opción política que realmente sempre está aí, defendendo o “noso”: as persoas, a lingua, a ecoloxía, a democracia, a cultura,…
Adiante co BNG!
Félix Paz Castañal vai de primeiro suplente na candidatura do BNG ás eleccións municipais.
#AmeséBNG