Exiximos garantir xa o normal funcionamento dos comedores escolares.

Exiximos garantir xa o normal funcionamento dos comedores escolares.

img_0349__080033600_1050_09042013

O BNG de Ames exixe garantir o normal funcionamento dos comedores escolares ao comezo do curso.

Comedores escolares: unha mostra máis da incapacidade do goberno municipal do PP.

O fracaso na licitación da xestión dos comedores escolares é una mostra máis da incapacidade do goberno municipal do Partido Popular. Este fracaso súmase a outros xa acontecidos, como o do servizo de abastecemento de auga, que tamén quedara deserto no seu día.

A poucos días do comezo do curso escolar, un servizo público de tanta importancia social, como a xestión dos comedores escolares, está no aire e sen garantía de que poida atender aos centos de rapazas e rapaces que o utilizan. Esta situación, de producirse, vai ter unas consecuencias negativas nas familias dos escolares tremendas. Os primeiros prexudicados vai ser os propios escolares, pero igualmente o conxunto das familias xa que este servizo, ademais da manutención do alumnado, ten unha función importantísima na conciliación laboral e familiar. Por todo isto, O BNG de Ames exixe do Goberno Municipal que garanta o normal funcionamento do servizo de comedores escolares ao comezo do curso.

O Partido Popular mostra una vez máis a incapacidade para xestionar un concello como o de Ames, e xan varios concursos de servizos públicos que quedan desertos. Catro anos de xestión municipal perdida para as amienses.

Por outra parte, a situación da Corporación Municipal está bloqueada desde hai tempo, xa que hai un Goberno Municipal con cinco concelleiros e unha oposición, de dezaseis, incapaz de xerar una alternativa de goberno dada a situación irregular “tránsfuga” de grande parte das concelleiras e concelleiros que a compoñen.

Exiximos garantir xa o normal funcionamento dos comedores escolares.